Monday 29 de April de 2024

O programa ‘Un can, un amigo’ achega aos nenos e nenas do Castelao á canceira de Ordes


Os nenos e nenas do CEIP Castelao visitaron esta mañá as instalacións da canceira municipal de Ordes. Unha visita que se engloba dentro do programa educativo ‘Un can, un amigo’ desenvolvido conxuntamente por Casa Grande de Xanceda e a Asociación de Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade. Ademais de charlas e visitas aos centros escolares a dinámica de traballo inclúe o contacto directo cos exemplares que están acollidos no dito centro para a súa adopción. Con todo isto preténdese incidir na importancia do respecto e coidado dos animais e dos beneficios da adopción á hora de facerse cunha mascota.